Descripción: Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan á casa. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia… Primeira longametraxe de animación dirixida por Miguelanxo Prado, primeira longa animada de Continental.
De Profundis
Abril 2, 2008 · Deixe um comentário
Categorias: art





0 responses até agora ↓
There are no comments yet...Kick things off by filling out the form below.